Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Ó abeiro do establecido no artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, publícase un extracto do anuncio publicado integramente no BOP da Coruña nº 90, con data do 18-4-2000.

Prover en propiedade as seguintes prazas:

1 Auxiliar administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala auxiliares, grupo D, polo procedemento de oposición libre.

2 Conserxes de instalacións deportivas, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala subalterna, grupo E, polo procedemento de concurso-oposición.

Contratación laboral fixa das seguintes prazas:

1 Capataz da brigada de obras, polo sistema de concurso-oposición.

1 Operario conductor, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo para presentar solicitudes é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cambre, 24 de abril de 2000.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde