Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.161

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (50/2000).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nos presentes autos de xuízo verbal número 50/2000, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de José Aboy Barreiro, contra Repriss A Coruña, S.L., en reclamación de despedimento, se dictou, con data do vintecinco de febreiro de dous mil, a sentencia coa decisión do teor literal seguinte:

«Que estimando como estimo a demanda interposta por José Aboy Barreiro, contra a empresa Repriss A Coruña, S.L., debo declarar e declaro nulo o despedimento de que foi obxecto o demandante o día 4 de xaneiro de 2000, condenando á dita mercantil a estar e pasar pola dita declaración e á inmediata readmisión do demandante no seu anterior posto de traballo, con aboamento a este da suma de cento setenta e unha mil cento oitenta e catro pesetas (171.184 ptas.) en concepto de salario de tramitación, máis un haber de tres mil duascentas noventa e dúas pesetas (3.292 ptas.) ata a data de notificación á empresa desta resolución».

E para que sirva de sentencia a Repriss A Coruña, S.L., con domicilio en Touro, 3, baixo dereita, de Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado, por escrito ou comparecencia, no termo de cinco días, contados desde o día seguinte ó da notificación da sentencia, e con

expresa advertencia de que de se-lo recorrente a empresa demandada deberá exhibir perante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado na conta de recursos deste Xulgado do Social, número dous, nº de identificación: 5.608, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina 5947, sita na rúa Senra, nº 3 desta cidade, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60); poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse conta-la responsabilidade solidaria do avalista; e acreditar tamén que depositou na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de vintecinco mil pesetas (25.000 pesetas), preceptiva legalmente para recorrer; sen estes requisitos non se terá por anunciado o dito recurso».

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o sete de abril de dous mil.

O secretario xudicial

Rubricado