Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.160

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (152/1993).

Eu, Ramón Lojo Aller, maxistrado do Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela, fago saber que neste órgano xudicial se seguen autos de executoria penal 152/1993, por delicto de imprudencia temeraria, nos que se acordou sacar a pública poxa polo prazo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste órgano, o día 23 de maio de 2000 ás dez horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segundo.-Que os licitadores para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina principal de Santiago de Compostela, conta 66.000-4, clave 1585, concepto de executoria 152/1993, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento; sen este requisito non serán admitidos. Non se aceptará entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, poderán facerse licitacións por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Que as cargas e gravames anteriores e as posteriores preferentes ó do demandante, se os houber, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Os autos estarán de manifesto na secretaría do xulgado, onde poderán ser examinados, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes sen destinarse á súa extinción o prezo do remate e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na súa responsabilidade.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para a realización dunha segunda o día vinte de xuño ás dez horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente, e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira, o día dezaoito de xullo ás dez horas; esta poxa realizarase sen suxeición a tipo, debendo consignar quen desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas non se pode realiza-la poxa no día e hora sinalados, entenderase que se realizará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor:

1. Predio número 773 do polígono 3 destinado a prado, onde lle chaman Campos do Muíño, dunha superficie de catro áreas, vinte centiáreas. Linda: norte, Jaime Rodríguez Fernández; sur, José Rodeiro Salgueiro; leste: balsa de auga; oeste: río.

O seu valor: 126.000 pesetas.

2. Predio número 651 do polígono 3, destinado a monte toxal de moi mala calidade que denominan

Chousa Vella, dunha superficie de sete áreas. Linda: norte e sur: herdeiros de José Quinteiro; leste: río; oeste: chousa de Antonio Rillo Botana.

O seu valor: 105.000 pesetas.

3. Predio número 498 do polígono 3, destinado a monte de mala clase, que denominan Encima da Barroca, dunha superficie de catro áreas. Linda: norte: herdeiros de María Conde Liñeira; sur: herdeiros de José Quinteiro Suárez; leste: Ramón Lamas Brea; oeste: valado dos campos de Santa Clara.

O seu valor: 60.000 pesetas.

Estes predios atópanse situados na zona de Touro-Quión, concello de Touro.

Dado en Santiago de Compostela o cinco de abril de dous mil.

Rubricado