Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.160

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (144/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 144/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número catro dos do partido, estes autos de xuízo de faltas nº 144/1999, seguidos por ameazas, nos que foi parte denunciante Milagros Obdulia Marín Veiga, maior de idade; aparece como parte denunciada Luis Mariano Socarrás Cabrera, maior de idade. O Ministerio Fiscal non se mostrou parte.

Decido: que debo absolver e absolvo a Luis Mariano Socarrás Cabrera da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Luis Mariano Socarrás Cabrera, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o sete de abril de dous mil.

O secretario

Rubricado