Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.159

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (11/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 11/2000 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia:

No nome da súa maxestade El-Rei,

En Santiago de Compostela o 16 de marzo de 2000.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia nº 11/2000 no que actuaron como parte, como denun

ciante José Luis Martín Muñoz e como denunciado Claudio Vladimiro Mato.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Resolución.

Que debo condenar e condeno a Ramón de Dios Romero, como autor dunha falta do artigo 625.1º do Código Penal, pero sen que proceda impoñerlle ningunha pena ó concorre-la eximente completa do artigo 20.1º do mesmo corpo legal, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se expoñerán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación, e fixarase o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causaren a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo deberá acreditarse que se pedira emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen no momento en que fora xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá

o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulasen a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronuncioa, mándoa e asínoa.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

Publicación.-No día da data deuselle en vista pública lectura á anterior resolución. Dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Claudio Vladimiro Mato, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vinteún de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado