Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.159

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4221/2000).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Xulio López Valcárcel, en nome e representación dos colexios oficiais de Farmacéuticos de Lugo, Ourense e Pontevedra, contra Decreto 342/1999, do 16 de decembro, da Consellería de Sanidade, sobre horarios, quendas de urxencia e vacacións das oficinas de farmacia ( DOG do 4 de xaneiro) e correccións de erros do 27 e 21 de xaneiro de 2000).

Recurso número: 02/0004221/2000.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 3 de abril de 2000.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado