Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do 27 de marzo de 2000, do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos, do concurso, con procedemento aberto, para a contratación do servicio de confección e distribución anticipada de entradas para espectáculos organizados polo IMCE.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: servicio de confección e distribución anticipada de entradas para espectáculos organizados polo IMCE.

3. Opción ó concurso: entidades de depósito con oficina aberta no termo municipal (a adxudicataria será autorizada para actuar como entidade colaboradora na recadación).

4. Prazo de execución: un ano prorrogable a dous (incluído o período inicial e as prórrogas) logo de solicitude do contratista e acordo do órgano de contratación.

5. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

6. Prezo: en función dunha porcentaxe de comisión sobre o importe vendido. (tipo máximo: 5%).

7. Garantía provisional: non se esixe.

8. Obtención de documentación e información:

a) Oficinas do IMCE sitas no edificio Coliseum, avenida Alfonso Molina, s/n. 15008 A Coruña.

b) Teléfono: 981 13 44 50.

c) Fax: 981 13 60 01.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o dia de finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do IMCE (oficinas sitas no Edificio Coliseum, avenida de Alfonso Molina, s/n. 15008 A Coruña).

11. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: casa do concello, praza María Pita, 1-2º.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación.

12. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

13.Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de marzo de 2000.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal Coruña

Espectáculos