Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 10/1999 POL. G3.01).

A comisión de goberno municipal, en sesión que tivo lugar o 3 de marzo de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e os estatutos presentados pola Comisión Xestora do polígono G3.01 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, coas modificacións nos estatutos e as bases que se sinalan a continuación :

Bases:

Cuarta.-Criterios para a valoración dos predios achegados.

3. As superficies computables acreditaranse mediante certificado do Rexistro da Propiedade ou, no seu defecto, mediante documento notarial acreditativo do título de adquisición, e no caso de discrepancia entre a superficie xustificada en títulos e a que conste na certificación expedida polo Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria, prevalecerá a que resulte de medición no terreo.

4. En caso de discrepancia sobre a propiedade dun predio, parte dela ou dos seus lindes, respectarase o que resulte da medición no terreo realizada por técnico competente, e, en caso que no se chegue a acordo entre as partes litiganes, declararase a superficie controvertida propiedade contradictoria e continuarase a tramitación do expediente, resolvéndose por vía civil o litixio relativo a propiedades.

5. O valor por metro cadrado de superficie determinarase por aplicación ó aproveitamento establecido polo planeamento para cada terreo concreto, do valor básico de repercusión na parcela recollido nas ponencias de valores catastrais ou, se é o caso, do de repercusión na rúa ou tramo de rúa corrixido na forma establecida na normativa técnica de valoración catastral. Nos supostos de inexistencia ou perda de vixencia dos valores das ponencias catastrais, aplicaranse os valores de repercusión obtidos polo método residual.

Quinta.-Criterios de valoración dos dereitos.

2. As indemnizacións a favor dos arrendatarios rústicos e urbanos fixaranse de acordo co previsto na Lei de expropiación forzosa, lexislación de arrendamientos, artigo 137 do Regulamento de xestión urbanística, criterios dos xurados provinciais de expropiación avalados pola xurisprudencia do Tribunal Supremo e, máis concretamente, en arrendamentos urbanos teranse en conta: a) Dificultade de substitución do arrendamento en condicións análogas e, especialmente, a derivada da diferencia de rendas, b) Gastos de traslado, c) Valor das melloras realizadas no inmoble cando a súa percepción corresponda ó arrendatario.

Estatutos:

Artigo 12º.-Obrigas.

1. Suprímese o punto d).

2. As indemnizacións por extinción de dereitos ou servidumes incompatibles co planeamento ou a súa execución consideraranse gastos de urbanización, correspondendo ós membros da xunta de compensación en proporción ás cotas de participación.

As plantacións, obras, edificacións e instalacións que non poidan conservarse valoraranse con independencia do solo, e o seu importe satisfarase ós propietarios ou titulares interesados con cargo ó proxecto en concepto de gastos de urbanización.

Artigo 15º.-A asemblea.

Estará constituída por tódolos asociados e un representante do Concello da Coruña, designado expresamente por el.

Tódolos membros da xunta, incluso os desidentes e os que asistisen ás reunións, quedarán obrigados ós acordos adoptados validamente, sen prexuízo do seu dereito a interpoñe-los recursos que legalmente procedan.

Segundo.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta a Carlos Hernández López.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a quen apareza como interesado na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, e requirilos para que se incorporen á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir da notificación; así como a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e, no seu nome, a Maria del Carmen García Seage como presidenta dela, para a súa presentación e dilixenciamento perante o órgano corrrespondente.

Cuarto.-Requiri-la comisión xestora e, no seu nome, a María del Carmen García Seage para que ingrese na Caixa Municipal, en concepto de depósito previo corrrepondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, a cantidade de sete mil trescentas dez (7.310) pesetas, advertindo de que sen a xustificación de que se ingresen a dita cantidade non se poderá aproba-lo proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a alcaldía-presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa e, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de intepoñelo.

A Coruña, 9 de marzo de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde