Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO de contratación.

1. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Corcubión (A Coruña), Lei 1/1997, do solo de Galicia.

2. Tipo de licitación: 7.600.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: 18 meses desde a sinatura do contrato.

4. Lugar e prazo de presentación: Rexistro de Entrada do concello; 26 días naturais a partir do seguinte ó desta publicación. Publicado no BOP nº 70, do 25-3-2000.

5. Fianzas: provisional: 152.000 ptas.; definitiva: 4% da adxudicación.

6. Prazo de garantía: 1 ano desde a conclusión do contrato.

Corcubión, 3 de abril de 2000.

Alfredo-Benigno González García

Alcalde en funcións