Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de marzo de 2000, aprobou definitivamente o expediente de modificación do ámbito do estudio de detalle nº 2 (Foresa) das normas subsidiarias municipais, redactado por Arteplan Galicia, S.L. e promovido por Foresa, e desestimou a alegación formulada por José García Caldas.

O que se fai público para a súa efectividade, en cumprimento do previsto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Caldas de Reis, 5 de marzo de 2000.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde