Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia O2000/2).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O2000/2.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución de urbanización previsto no Plan especial de reforma interior da Mestranza, así como execución das obras de adecuación ó Plan especial do recinto da Hípica da Coruña de acordo co proxecto existente, incluíndo a redacción do proxecto de construcción

e explotación de estacionamento para vehículos no subsolo da praza pública na confluencia da avenida principal do plan especial e a rúa Campo da Estrada.

3. Tramitación: ordinaria. Procecemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo para aboar pola Administración: 419.614.424 pesetas (IVE incluído) (ver prego de cláusulas administrativas particulares).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratacionobras*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo C, subgrupos 2, 4 e 6, categoría F.

Grupo B, subgrupo 2, categoría F.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 18 de abril de 2000.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación