Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de licitación.

Por así acordalo a Comisión de Goberno deste concello, na sesión do día 20 de marzo de 2000, e co obxecto de dar cumprimento ó disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas;

Anúnciase concurso por procedemento aberto, para adxudica-la obra denominada: pavimentación Camiño Francés, incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2000, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: a contratación da devandita obra, utilizando para iso o prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, aprobado polo Pleno da Deputación Provincial na sesión do 25 de febreiro de 2000, prego que aparece publicado no BOP nº 48 do día 28 de febreiro de 2000; o cal se considerará como parte íntegra do expediente e do contrato que se formalice.

2. Duración do contrato: seis meses.

3. Tipo de licitación: 11.898.538 ptas. (IVE incluído).

4. Revisión de prezos: atendendo á natureza desta obra, non procederá en ningún caso a revisión de prezos do contrato e polo tanto non se aplicará ningunha fórmula de revisión de prezos.

5. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida correspondente do orzamento municipal de gastos.

6. Publicidade do prego: estará de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais.

7. Garantía provisional: será o 2% do tipo de licitación (237.971 pesetas).

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

9. A solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995.

10. Solvencia técnica: acreditarase mediante a relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución para as máis importantes por calquera dos medios a que se refire o artigo 17 da Lei 13/1995.

11. Presentación de proposicións: no rexistro xeral da casa do concello, durante os vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece, e nos tres sobres cerrados a que se refire a cláusula 12 do devandito prego-tipo, conforme proceda.

12. Apertura de plicas: terá lugar no salón de sesións da casa do concello, ás trece horas do seguinte día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ante a mesa de contratación, que previamente cualificará a documentación presentada.

13. Criterios para a adxudicación do concurso: serán os contidos no prego-tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Deputación Provincial da Coruña, aplicando o baremo nel establecido para as obras da dita deputación.

14. Modelo de proposición económica: o recollido no anexo II do devandito prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

Arzúa, 23 de marzo de 2000.

Manuel Moscoso López

Alcalde