Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión do día 31 de marzo último, aprobou definitivamente a modificación de estudio de detalle sobre parcelas na estrada de San Marcos a Figueroa redactado polo arquitecto Barcala Alejandro, a petición de Dolores Cao Vieites.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interpo

sición de recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo mentres nos se resolva expresa ou presuntamente o de reposición. En tal caso, o prazo para interpo-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel no que se notifique a resolución expresa do recurso de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Abegondo, 4 de abril de 2000.

O alcalde

Rubricado