Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Boimorto anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante poxa, das obras de asfaltado de accesos e núcleos das parroquias de Sendelle, Buazo, Brates y Mercurín, incluídas no Plan provincial de obras e servicios de 2000.

1. Tipo de licitación: 21.239.389 pesetas (127.651,30 euros).

2. Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

3. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

4. Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase

en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

6. Pregos de cláusulas administrativas: os aprobados pola Deputación Provincial da Coruña, para as obras comprendidas nos plans provinciais, publicados no BOP nº 77, do 3 de abril de 2000.

7. Modelo de proposición.

Don/Dona ..., con domicilio en ..., rúa ..., número ..., teléfono ..., con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) número ..., actuando en nome propio (ou en representación de ..., DNI ou CIF número ..., e con domicilio en ..., número ..., teléfono ...) toma parte na poxa, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de ..., e a tal efecto fai constar:

1. Que ofrece o prezo de ..., (IVE incluído) que significa unha baixa ..., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En ..., ... de ... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

8. Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas.

Os gastos dos anuncios da poxa serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Boimorto, 4 de abril de 2000.

Luis Verea Taboada

Alcalde