Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.N. 60/1999 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 30 de marzo de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 60/1999.

Denunciado. Último enderezo coñecido: Patiño López, Jesús. Castiñáns, 85, Bueu.

Feito denunciado: executar sen autorización un pozo de barrena realizando unha perforación de 42 m de profundidade, nas inmediacións da casa nº 89 da illa de Ons, estando en trámite o Plan de Ordenación de Recursos Naturais das Illas Atlánticas, no que se inclúe a illa. Feitos denunciados o día 23 de agosto de 1999, na illa de Ons, concello de Bueu.

Precepto infrinxido: artigo 38.13º en relación co artigo 7 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38.13º en relación co artigo 7 da Lei 4/1989 de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 200.000 ptas. para pagar conxunta e solidariamente co outro denunciado no expediente E.N. 60/1999.