Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 25 de abril de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación do servicio de restauración do enreixado da fachada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela (2ª fase) e da subministración de mobles para diversas bibliotecas e axencias de lectura municipais.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto, por concurso, dos seguintes contratos:

1. Servicio de restauración do enreixado da fachada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela (2ª fase).

-Orzamento de licitación: sete millóns cincocentas mil pesetas (7.500.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: cinco (5) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Subministración de mobles para as bibliotecas e axencias de lectura municipais de Ares, Tordoia, Lucín-Dumbría, A Ameixenda-Cee, Canduas-Cabana de Bergantiños, Muro-Porto do Son e Boiro (A Coruña), Friol (Lugo), Albarellos-Monterrei, Rairiz de Veiga e Petín (Ourense) e Guillade-Ponteareas (Pontevedra).

-Orzamento de licitación: nove millóns oitocentas oitenta e cinco mil catrocentas oitenta e sete pesetas (9.885.487 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do día seguinte ó desta resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar

toda a documentación (sobres A, B e C) para cada unha delas.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo