Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.048

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 7 de abril de 2000, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se convocan premios ós mellores labores de divulgación que ilustren os conceptos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, a relación entre ambos e a súa importancia socioeconómica para Galicia.

Advertido erro na Resolución do 7 de abril de 2000, publicada no DOG nº 72 de mércores 12 de abril de 2000, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 5.091, no último parágrafo do artigo 3º, onde di: «Os gastos relativos ás accións desta convocatoria imputaranse ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.480.0 para os premios dos alumnos polo importe máximo de 2.537.000 ptas. e 04.07.432A.442.0 para as compensacións ós centros por un importe máximo de 975.000 ptas.», debe dicir: «Os gastos relativos ás accións desta convocatoria imputaranse ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.480.0 para os premios dos alumnos polo importe máximo de 2.621.950 ptas. e 04.07.432A.442.0 para as compensacións ós centros por un importe máximo de 975.000 ptas.».