Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.047

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de abril de 2000 pola que se clasifica como de interese social a Fundación Araduca No Camiño.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Araduca No Camiño, con domicilio en Arzúa.

Supostos de feito:

1. Antonio González Cid, na súa calidade de administrador da fundación, en escrito do 11 de abril de 2000, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Arzúa, o día 10 de abril de 2000, ante a notaria María del Carmen Carreira Simón, co número trescentos noventa e nove do seu protocolo, por María del Socorro Rodríguez Ramos, María Consuelo Agra Barral, María Mercedes Raposo Lamas, Manuel Ángel Saavedra Pereira, José Ramón Alamancos Pérez, Manuel Castro García, María del Carmen Pedreira Lodeiros, María Teresa Villar Ribadulla, María Concepción Cascón Raposo, Antonio González Cid, Manuel Moscoso López, Ramón Villar García e Francisco López Modelo, que interveñen no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é cubrir necesidades sociais, especialmente as de axuda e asistencia ó colectivo das persoas vellas e diminuídos físicos, psíquicos e

sensoriais, así como as prestacións domiciliarias asistenciais e técnicas.

4. O padroado da fundación estará constituído por Manuel Ángel Saavedra Pereira como presidente, Manuel Moscoso López como vicepresidente, María del Carmen Pedreira Lodeiros como secretaria, Antonio González Cid como administrador e María Socorro Rodríguez Ramos, María Mercedes Raposo Lamas, José Ramón Alamancos Pérez, Manuel Castro García, María Teresa Villar Ribadulla, María Concepción Cascón Raposo, Ramón Villar García e Francisco López Modelo como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese social da Fundación Araduca No Camiño, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese social e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 25 de abril de 2000.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese social a Fundación Araduca No Camiño e adscribila á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública