Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola comisión de goberno con data do 12-4-2000, a delimitación do polígono número 3 do sector sur-B (A Louzaneta-As Areeiras), do PXOU vixente, solicitada por María Esperanza Mayor Valdés, en representación da sociedade San Lázaro del Puente, S.L.

Conforme o previsto no artigo 121.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan seren notificados persoalmente.

Lugo, 17 de abril de 2000.

Ángel Quiñoá Murado

Secretario

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área