Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente en Comisión de Goberno do Concello do Grove do 28 de marzo deste ano o proxecto de urbanización da vía situada na travesía da rúa Castelao á rúa Luís Seoane, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Manuel Outón Limeres, en representación de Silganar, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado proxecto de urbanización durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG. O expediente encóntrase á disposición dos interesados nas oficinas de secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio deste anuncio a notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou ós que, tentada a notificación, non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 29 de marzo de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde