Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno do Concello, do 22 de marzo deste ano aprobáronse definitivamente as modificacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Gondomar, aprobadas inicialmente o pasado 28 de abril e que quedaran pendentes polas deficiencias expostas no informe da CPTOV do 22 de setembro de 1999, agora emendadas e que se refiren a:

-Delimitación do núcleo 4.7 Sermán-Cotarel na súa zona norte.

-Fronte mínima á vía pública das parcelas edificables de 6 a 3 m.

-Polígono 18.

O que se fai público de conformidade co artigo 48 da Lei do solo de Galicia.

Gondomar, 30 de marzo de 2000.

Alejandro Gómez Garrido

Alcalde accidental