Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 11/1999).

A comisión de goberno, en sesión que tivo lugar o día 14 de abril de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle da parcela situada na confluencia das avenidas de Alfonso Molina e da Pasaxe, presentado por Vivienda Confort, S.A.

2. Publicar este acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes e contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial

de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, en horario laboral das 12 horas ás 14 horas.

Os gastos de publicación serán aboados por Vivienda Confort, S.A.

A Coruña, 24 de abril de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo