Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MAZARICOS

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da obra: camiños municipais nas parrroquias de Corzón, Beba e Coiro.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mazaricos.

Expediente tramitado en Secretaría.

2. Obxecto do contrato: execución da obra: Camiños municipais nas parroquias de Corzón, Beba e Coiro.

3. a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 13.128.568 pesetas (78.904,28 euros).

5. Garantías: provisional: 262.571 pesetas.

6. Obtención de documentación e información: no Concello de Mazaricos (Avenida Trece de abril , nº 59, A Picota. Teléfono: 981 86 71 04, Fax: 981 85 22 17), dentro do prazo de 13 días naturais

seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: das 9 ás 13 horas, no prazo de 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG no Rexistro do Concello de Mazaricos.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas.

c)Lugar de presentación: Concello de Mazaricos.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello ás 12 horas do segundo día seguinte hábil ó do termo do prazo de presentación de proposicións. Se ese día cadra en sábado, trasládase o acto ó luns seguinte.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos de publicación de licitación.

Mazaricos, 27 de marzo de 2000.

O alcalde

Rubricado