Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de febreiro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 352, de clasificación do monte Suasagras, pertencente ós lugares de Montañó, Montaña, Piñeiro e Escobías, parroquia de Lampón, concello de Boiro.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente 352, de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Suasagras.

Comunidade: Montañó, Montaña, Piñeiro e Escobías.

Parroquia: Lampón.

Concello: Boiro.

Superficie: 4,08 ha.

Estremas:

Norte: Hrdos. de Benita Tubío Tubío, Francisco Tubío Fernández e outros veciños de Lampón. Leste: río Lérez, José Pouso Vázquez, e río Lérez. Sur: José Pouso Ojea, Joaquina Noal Bretal e outros veciños de Lampón. Oeste: José Tubío Paz, Dolores Muñiz Fernández e outros veciños de Lampón.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 14 de febreiro de 2000, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 14 de febreiro de 2000.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña