Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 67 e 142/2000.

Ó non seren adoptados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar

por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente previo á resolución; transcorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que coiden oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

-Expediente nº: 67/2000.

Acta Inf. nº 1230/1999 (I).

Empresa: Obrastodas, S.L.

NIF/DNI: B-15.334.642.

Enderezo: Conxo de Arriba, 15. Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes de notificación.

Proposta de sanción: 500.200 ptas.

-Expediente nº: 142/2000.

Acta Inf. nº 1614/1999 (I).

Empresa: Soluciones Constructivas Gallegas, S.L.

NIF/DNI: B-15.672.231.

Enderezo: Avda. Castelao, 34, baixo. Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos obrantes no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes de notificación.

Proposta de sanción: 500.200 ptas.

A Coruña, 6 de abril de 2000.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña