Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 48/2000.

Ó non seren atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolles que de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

-Expte. nº: 48/2000.

Acta nº: 866/1999.

Titular: Comercial y Montajes Janor, S.L.

NIF/DNI: B-36.249.589.

Enderezo: peirao de reparacións, 6, Marín (Pontevedra).

Materia: S.H.

Data Res.: 3-4-2000.

Sanción: 250.100 ptas.

A Coruña, 6 de abril de 2000.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provicial da Coruña