Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 15 de marzo de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio dun parque de cultivo na praia da Vía no Grove.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro), e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión do establecemento que se relaciona a continuación:

Tipo de establecemento: parque de cultivo.

Cultivo: berberecho (Cerastoderma edule), ameixa fina (Ruditapes decussata) e ameixa babosa (Venerupis pullastra).

Localización: praia da Vía-O Grove.

Data da concesión: 31-12-1975.

Data do remate da última prórroga: 29-7-2018.

Anterior concesionario: Juan Díez Rodríguez (DNI 35.396.537).

Novo titular concesión: José Solleiro e Hijos, S.L. (NIF B-36.643.614).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novem

bro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, de xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 15 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo