Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. de C.T. Deputación a C.T. Devesa.
Situación: Pontecesures.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 580 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Deputación ata o C.T. Devesa, no concello de Pontecesures.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 17 de marzo de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra