Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/64-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. enlace liñas BAL-7.02, 7.06 e 7.08 e C. reparto Canido.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 960 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio N.9 da L.M.T. dúplex BAL 7.02, entrando no centro de reparto proxectado, e rematando no apoio, a colocar, tipo H.V.H.-1000/15 na liña BAL 7.06 e 7.08, no concello de Vigo. Centro de reparto Canido, con 8 celas de liña CLM-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 17 de marzo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra