Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/63-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Sub. Cangas-S. Pedro-Ximeu-rúa Real e C. seccionamento.

Situación: Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 2.749 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a Sub. de Cangas ata o C.T. de San Pedro, continuando ata o C.T. Ximeu e segue ata o C.T. da rúa Real, no concello de Cangas. Centro de seccionamento situado no barrio de San Pedro, con 3 liñas de manobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 17 de marzo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra