Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Fragoso N.91.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 170 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña BAL 7.27, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Fragoso N.91, rematando no punto de inicio da liña, no concello de Vigo. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 17 de marzo de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra