Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 30 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións de recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01335-O-1997).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

PO-01335-O-1997

M-2026-SH

G.C. Tráfico

Lucita Perdiz López

A Parda, Bl. 3

36004 Pontevedra

Circular realizando un transporte escolar de menores de catorce anos carecendo do sinal indicativo do transporte que realiza. Carecer de autorización para realizar ese servicio. Carecer de tarxeta de transportes. Non estar amparado polo seguro de responsabilidade civil con cobertura ilimitada. Servicio público.

19-11-1997; 10

Art. 142 C) da Lei 16/1987 (LOTT). Art. 199 C) do R.D. 1211/1990 (ROTT). Art. 4.3º R.D. 2296/1983, do 25 de agosto. Art. 5 Orde do 25 de outubro de 1990. 142 B) LOTT. 199 B) ROTT. Art. 6 Orde da COTOP do 15 de decembro de 1989. 140 A) RLC 141 O), 89 LOTT. 105 ROTTArt. 143 da Lei 16/1987, 201 do Real decreto 1211/1990115.000 ptas.Inadmisible