Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2000 pola que se anuncia a contratación da obra de remodelación, adecuación e rehabilitación do Instituto de Ensino Secundario Crucero Baleares en Culleredo (A Coruña), polo procedemento de concurso de proxecto e obra.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

c) Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: remodelación, adecuación e rehabilitación do Instituto de Ensino Secundario Crucero Baleares.

b) Lugar de execución: Culleredo (A Coruña).

c) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 440.000.000 de pesetas. (2.644.453,26 euros).

5. Garantías.

Provisional: ver prego.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Información).

b) Enderezo: Edificio Adtvo. San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e O.U.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 26 00.

b) Enderezo: c/ Rosalía de Castro, 45. Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: C, subgrupo: todos e categoría: F.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: Edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución da adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: Edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria