Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO da modificación do convenio urbanístico C-01.

O Pleno Municipal, na sesión do 30-3-2000, acordou a autorización inicial da modificación do convenio C.01, anexo ó PXOM de Verín, asinado no seu día entre este concello e os herdeiros de José Alonso Castro, para o desenvolvemento dunha nova vía paralela á rúa Cancelón.

Nos termos do devandito acordo plenario, a dita modificación sométese a información pública, polo prazo dun mes, que se computará a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, durante o cal calquera interesado poderá consulta-lo expediente na secretaría do concello, en horario de oficina e formula-las reclamacións e suxestións que coide oportunas.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde