Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VAL DO DUBRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o día 27 de xaneiro de 2000, acordou a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Val do Dubra, para a mofidificación da aliñación da marxe dereita da estrada EP 1914, de Carballo a Portomouro, incluída na clasificación da rede primaria no avance do Plan Provincial de Estradas 1990-2000, dependente da deputación provincial, rúa Arcai do núcleo urbano de Bembibre, e a apertura do trámite de información pública durante un mes, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Val do Dubra, 29 de marzo de 2000.

Juan Manuel Baleato Iglesias

Alcalde