Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación dos traballos de asistencia técnica consistentes na realización dun estudio de viabilidade sobre os posibles sistemas de xestión futura dos RSU xerados no Concello de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: 5.000.000 de ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de catro meses, contados a partir da data de formalización do contrato.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais que comezará a contarse, se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación. Información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Departamento

de Contratación-Servicios), teléfono 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os que se especifican no punto 6.2º do prego de cláusulas administrativas.

Garantías. Provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do orzamento de licitación, que poderá constituírse en forma de retención de parte do prezo.

Apertura de plicas: terá lugr en acto público na casa do concello (Secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposicións.

D/Dna ... maior de idade, veciño de ... con enderezo en ... DNI número ... en nome propio ou en representación de ... manifesta o seguinte:

1. Como concursante e como adxudicatario se o fose, mostra a súa conformidade e acepta integramente o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas deste concurso e cantas obrigas se deriven deste.

2. Comprométese á prestación do servicio técnico ofertado ó prezo que se detalla (poñer en letras e cifras)...

En ... , ... de ... de 2000.

O licitador

(Selo da empresa)

Asdo: (nome e apelidos do apoderado).

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde