Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO de licitación.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión con data do 24 de marzo de 2000, aprobou o expediente de contratación por medio de concurso con procedemento aberto para a adxudicación das obras incluídas no Plan Provincial de Cooperación nas Obras e Servicios de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2000, de Deputación Provincial da Coruña.

O prego de cláusulas económicas que rexerá este concurso foi aprobado polo Pleno Provincial con data do 25 de febreiro de 2000 (publicado no BOP nº 48, do 28 de febreiro).

Obxecto e tipo de licitación.

O obxecto do contrato é a execución das obras denominadas:

1. Saneamento parroquia de Vigo.

Tipo de licitación: 28.675.966 ptas.

Prazo de execución: 4 meses contados a partir do día seguinte ó da data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

2. Pav. CM Acc. Obre-Velouzás.

Tipo de licitación: 12.468.869 ptas.

Prazo de execución: 3 meses contados a partir do día seguinte ó da data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Pav. CM Acc. Paderne-Quintas.

Tipo de licitación: 11.531.131 ptas.

Prazo de execución: 3 meses contados a partir do día seguinte ó da data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais contados desde o día da publicación do anuncio no BOP e no DOG.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado trasladarase ó día seguinte hábil.

Modelo de proposición e documentación.

D/Dna ..., con domicilio en ... teléfono ..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número ..., actuando no seu nome (ou en representación de ..., con DNI ... e con domicilio en ..., teléfono ...) participa no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación das obras comprendidas no proxecto de ..., e para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de ... ptas. (IVE incluído), que significa unha babixa de ... pesetas en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

..............., ... de ... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

As proposicións irán xunto coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares aprobado para a contratación destas obras mediante concurso con procedemento aberto.

Paderne, 28 de marzo de 2000.

César Longo Queijo

Alcalde-presidente