Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (405/1998).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 9 de marzo de 2000, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestima-las alegacións de Antonio Cao Iglesias unha vez corrixido o erro detectado na planimetría e comprobado polo Servicio de Enxeñería Municipal.

2. Desestima-las alegacións e correspondentes peticións de José Benito Álvarez Arias, toda vez que os criterios aplicados no presente proxecto de compensación son os que fixa o PXOU e procedeuse a incluír na valoración dos ben suxeitos a indemnización no dito proxecto que se concretará no proxecto de urbanización en tal momento e mediante trámite contradictorio fixarase a valoración definitiva.

3. Estima-la alegación de Emilio Álvarez Areán e proceder á corrección do erro de feito.

4. Estima-la alegación de Lino Fernández Novoa e José Parente Álvarez, unha vez concretada a valoración dos bens que se van indemnizar no momento da urbanización e que se teña en conta no momento procesual oportuno de aprobación de proxecto de urbanización.

Unha vez resoltas as alegacións, emítese informe favorable da aprobación definitiva do proxecto de compensación e proponse a adopción do seguinte acordo.

Aprobar definitivamente o proxecto de compensación da zona 7 B del SU-3 coas rectificacións incorporadas a este e que figuran no expediente 200/1999, promovido pola Xunta de Compensación, representada por Antonio Piña Antón na súa calidade de presidente.

Prosegui-los sucesivos trámites de publicación e expedición de certificacións para a inscrición do proxecto de compensación no Rexistro da Propiedade e cantos sexan legal ou regulamentariamente esixibles.

O que se fai público, de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 7 de abril de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente