Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da zona E.N.4.1 do Plan especial do campus universitario de Vigo. (Expediente 5683/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 6 de abril de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle referido á zona E.N.4.1 do Plan especial de equipamento docente e infraestructura viaria do campus universitario das Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo, presentado pola empresa Siresa Noroeste, S.A. e redactado polo arquitecto Alfonso Penela Fernández, con visado do COAG do 21 de marzo de 2000.

Sométese o dito expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e nun xornal dos de maior circulación da provincia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 14 de abril de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo