Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/26-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Barxas, O Viso e outros (2ª fase).

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV, en conductor R.H.V. 12/20 kV, de 98 m derivada desde a L.M.T., Velle-Rivela e final no C.T. prefabricado pé de poste proxectado con 250 kVA, 20.000/380-220 V. No Viso. Redes de baixa tensión aéreas e soterradas derivadas do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de marzo de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3485