Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/362-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T.A., D.C., polígono San Valentín.

Situación: Fene.

Descricións técnicas: modificación da liña eléctrica aérea en dobre circuíto, nas inmediacións do polígono de San Valentín, pasándoa a subterránea, consistente en: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, en dobre circuíto, baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 KV de 2x3(1x240) mm Al de 535 m de lonxitude, discorrendo pola vía proxima ó polígono residencial de San Valentín, entroncando mediante apoios metálicos na rede na que se intercala. Fene.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 27 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3486