Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de Boado.
Situación: Xinzo de Limia.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 1.211 m en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada desde a L.M.T. Xinzo-Sarreaus, e finaliza no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA en Boado. Redes de baixa tensión derivadas do C.T. Boado.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 29 de marzo de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense