Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.932

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN PRIMEIRA)

EDICTO (2519/1999).

Cándido Curiel Fernández, secretario da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, certifica:

Que no rolo de apelación civil do que se fará mención se dictou resolución cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«A Coruña, 3 de decembro de 1999.

Dada conta e feitos:

Primeiro.-Que nos autos seguidos ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Ferrol, co nº 387/1998, por instancia de María Ángeles Fernández Sousa, contra Miguel Fernández García, en representación da comunidade de herdeiros da súa nai, Carmen García Gutiérrez, María Luisa Mesa García, María Ángeles García Gutiérrez, Margarita Fernández Sousa e J. Luis Pérez Pérez, en representación dos seus fillos menores Noel e Samuel Pérez Fernández, sobre declaración de nulidade de desherdamento, se dictou sentencia do 21 de xuño de 1999.

Declarouse deserto o recurso de apelación interposto por María Ángeles García Gutiérrez, contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Ferrol, nos autos ós que se fai mención no feito primeiro desta resolución e, en consecuencia, a firmeza da resolución aludida, con expresa imposición das custas ó recorrente referido.

Acórdase continua-la tramitación do recurso interposto por Miguel Fernández García en representación da comunidade de herdeiros da súa nai, Carmen García Gutiérrez.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de súplica no prazo de cinco días para ante esta mesma audiencia, unha vez firme; déase conta para acorda-lo procedente».

E para que así conste en cumprimento do acordado e lles sirva de notificación ós rebeldes María Ángeles García Gutiérrez, expido e asino este edicto na Coruña o trinta de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado