Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.932

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN PRIMEIRA)

EDICTO (1349/1999).

Eu, Cándido Curiel Fernández, secretario da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, certifico: que no rolo do que se fará mención se dictou resolución cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

No recurso de apelación civil 1349/1999, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número catro da Coruña, co nº 371/1994, sobre reclamación de cantidade, entre partes, dunha e como demandante apelado, Jesús Babío López e, como demandado declarado en situación legal de rebeldía no primeiro pleito Iacria, S.A., e doutra e como demandados apelantes no segundo pleito, José Pablo Rodríguez Mantiñán, representado polo procurador Perreau de Pinninck e en situación legal de rebeldía Francisco José Freire Travieso. Foi relator José María Sánchez Jiménez.

Decidimos que, con estimación parcial do recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número catro desta cidade, debemos revogala para absolver a José Pablo Rodríguez Mantiñán da pretensión deducida na súa contra, mantendo invariables o resto de pronunciamentos e sen facer mención das custas desta alzada».

E para que conste, en cumprimento do acordado e para que lle sirva de notificación ó rebelde Francisco José Freire Travieso, expido e asino este edicto na Coruña o trinta de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado