Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.931

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN PRIMEIRA)

EDICTO (860/1996).

Eu, Cándido Curiel Fernández, secretario da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que no rolo do que se fará mención se dictou resolución cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

No recurso de apelación civil 860/1996, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous da Coruña, co nº 535/1993, sobre demolición de obra, entre partes, dunha e como demandantes apelantes, Andrés Martínez Hidalgo e Nieves Bujía Veiga, representados polo procurador Carlos González Guerra e, da outra e como demandado apelado, Jesús Albino López López, representado polo procurador Ignacio Pardo de Vera e defendido polo letrado Jesús Varela Fraga e, como demandados en situación procesual de rebeldía, María del Carmen Ríos Martínez, María Luisa Ríos Martínez e os herdeiros descoñecidos e incertos de Candelaria Martínez Vázquez. Foi relator o maxistrado José María Sánchez Jiménez.

Decidimos que, con desestimación do recurso de apelación interposto pola representación de Ramón Mejuto Lorenzo contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número dous desta cidade, debemos confirmala e confirmámola, con imposición á parte apelante das custas do recurso.

E líbrese ó xulgado de procedencia a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Ángel María Judel, Ángeles Paredes, José María Sánchez. Rubricado».

E para que conste, en cumprimento do acordado e para que lles sirva de notificación ós rebeldes María del Carmen Ríos Martínez, María Luisa Ríos Martínez e os herdeiros descoñecidos e incertos de Candelaria Martínez Vázquez, expido e asino este edicto na Coruña o trinta de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado