Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2000 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria, para a contratación plurianual dunha asistencia técnica para a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Nº de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización dos traballos de recompilación, ordenación e clasificación da información sobre plans e programas de I+D europeos, así como o asesoramento para a coordinación entre o V Programa Marco e o PGIDT.

Prazo de execución: o traballo realizarase por fases e o prazo de execución da cada unha das é o seguinte:

1ª Fase.-Recompilación da información sobre plans e programas de I+D do Plan Nacional e europeos (V Programa Marco, accións especiais), ata o 1 de agosto de 2000.

2ª Fase.-Establece-los puntos de contacto coas entidades nacionais e da CE relacionadas coa I+D, ata o 1 de outubro de 2000.

3ª Fase.-Clasificar e ordena-la información de acordo coas áreas de interese para Galicia, ata o 30 de decembro de 2000.

4º Fase.-Xestiona-la incorporación de fondos bibliográficos de I+D producidos nos organismos correspondentes nacionais e da CE, ata o 1 de marzo de 2001.

5ª Fase.-Asesorar para a coordinación entre o Plan Nacional, o V Programa Marco e o PGIDT, ata o 1 de xuño de 2001.

6ª Fase.-Difundi-la información baixo as directrices da Secretaría Xeral de I+D, ata o 1 de outubro de 2001.

7ª Fase.-Canaliza-las consultas externas cara a organismos internacionais de I+D.

Prazo de finalización desta fase: o 1 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o orzamento máximo autorizado ascende a sete millóns duascentas cincuenta e unha mil trescentas pesetas (7.251.300 ptas.) das que dous millóns seiscentas setenta e unha mil cincocentas pesetas (2.671.500 ptas.) corresponden á anualidade do ano 2000 e catro millóns cincocentas setenta e nove mil oitocentas pesetas (4.579.800 ptas.) á anualidade do ano 2001.

5. Garantía provisional.

Dispénsase a garantía provisional (artigo 36 da LCAAPP).

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no pra

zo de 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento das 9 ás 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeiro día seguinte ó de remate de presentación de proposicións, ás 12 horas, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2000.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento