Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.853

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por resolución do 2 de febreiro de 2000, correspondente á categoría 12 (peón e outros) (lista A2) do grupo V.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 4 de abril de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por José Luis Trindade Pinheiro contra a Resolución do 2 de febreiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 12 (peón e outros) (listaA2) do grupo V.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio das peticións do interesado, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas nas listas publicadas por Resolución do 2 de febreiro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 12 (peón e outros) (lista A2) do grupo V, cos datos seguintes:

José Luis Trindade Pinheiro, DNI: 33.320.671, lista A2, puntuación: 20,500 puntos, no posto número 9 para o ámbito D2700.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública