O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 6 de abril de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Ricardo Parafita Regueiro, contra a Resolución do 2 de febreiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 16 (conductor/a) (listaA2) do grupo IV.
Dado que o carácter da resolución é estimatorio das peticións do interesado, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas nas listas publicadas por Resolución do 2 de febreiro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 16 (conductor/a) (lista A2) do grupo IV, cos datos seguintes:
Ricardo Parafita Regueiro, DNI: 44.806.120, lista A2, puntuación: 21,703 puntos, no posto número 7 para o ámbito D0000.
En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.
Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública