Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servicio de vixilancia e seguridade neste complexo, mediante concurso público e polo procedemento aberto. (Expediente 02CHOP).

A xerencia xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 18 de marzo de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, resolve convoca-lo concurso público 02CHOP polo procedemento aberto seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de vixilancia e seguridade dos edificios e instalacións do Complexo Hospitalario de Pontevedra, por un orzamento de oitenta e oito millóns (88.000.000) pesetas, (528.890,65 euros). Imposto sobre o valor engadido, incluído.

2. Prazo de execución: o servicio obxecto do presente concurso público executarase a partir da data de formalización do contrato, ata o 31 de decembro de 2001.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderán ser solicitadas na Sección de Contratación Administrativa no Hospital Provincial, r/ Loureiro Crespo, 2. C.P. 36001 de Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono 986 80 70 00 (Ext. 382), ou fax 986 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación (1.760.000 pesetas, 10.577,81 euros), que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares

5. Solvencia económica e financeira: exenta por esixir clasificación económica.

6. Solvencia técnica: exenta por esixir clasificación económica.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 11).

8. Clasificación: grupo III, subgrupo 2, categoría C

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirán a presentación de variantes ou alternativas.

13. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 21 de marzo de 2000.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra