Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dunha consultoría e asistencia para o servicio técnico de desenvolvemento, implantación, soporte e mantemento na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (S-179/2000).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, Servicio de Contratación, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Descrición da asistencia: asistencia para o servicio técnico de desenvolvemento, implantación, soporte e mantemento na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e centros dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Orzamento total en pesetas: 52.220.800 ptas., IVE incluído.

Orzamento total en euros: 313.853,33.

3. a) Lugar de execución: no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Requisitos específicos do contratista:

-Para os empresarios de estados membros da Comunidade Europea: ver artigo 25.2º da LCAP.

-Para as empresas estranxeiras non comunitarias: ver artigo 23 da LCAP.

5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou plazo para realizala asistencia: un ano contado desde a sinatura do contrato.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 19 de maio de 2000.

9. a) Data límite de recepción das ofertas: 27 de maio de 2000.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º piso Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

d) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

e) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no ático da ala norte, a partir das 9.30 horas do 2 de xuño de 2000.

10. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación:

11. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

12. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

13. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

15. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 10.

16. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 1.

17. Data de envío do anuncio: 5 de abril de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos